terça-feira, 18 de dezembro de 2007

Palabras de Loreto Primo na concentración polo asesinato de Mariluz Posse


Jaime Máiz Sanmartín, de 34 anos de idade, garda civil, natural de Ferrol.

Hoxe queríamos comenzar cun nome como case sempre nestas concentracións. Pero esta vez como vedes é diferente, non é o nome dun presunto asasiño, é o nome do asasiño dunha muller que tamén tiña un nome: Mari Luz Posse.
Sempre escoitamos os nomes das mulleres asasiñadas, xa vai sendo hora de escoitar o nome dos asasiños.
Por qué morreu Mari Luz Posse? Polo mesmo que morreron outras 5 mulleres na Galiza e 70 no resto do Estado.

As estatísticas engrósanse con cifras de mulleres maltratadas e asasiñadas que o único que querían era facerse escoitar, que querían escapar dunha situación insostible e que denunciaron.Todo esto sucede e seguirá sucedendo, mentres a sociedade da que todas e todos formamos parte o consintamos.Mentres una parte desta sociedade xustifiquemos, disculpemos o simplemente ignoremos o que está a pasar ó noso arredor tódolos días, seguirá pasando.Mentres non sexamos quen de denunciar e de sinalar ós maltratadores e asasiños de mulleres.Mentres algúns homes sigan pensando que as suas compañeiras son da sua propiedade e non lles demostremos que están completamente errados.Mentres os maltratadores e asasiños se sigan acubillando e pensando que son impunes no seo familiar, e os que o vemos dende fora non o denunciemos.Mentres non sexamos capaces de facer mudar esta sociedade todavía no século XXI extremadamente machista en tódolos seus eidos, non rematarán estas cifras terribles.

Non nos podemos conformar con que os políticos fagan leis, leis sempre benvidas, e por desgracia sempre con medios insuficientes para facelas cumplir.Non nos podemos conformar con que nas escolas intenten ensinar ós nosos nenos e nenas en igualdade. Ainda sendo esto básico, se non o ven reflexado no seu arredor, non servirá.Estámonos a facer un fraco favor se pensamos que esto non se pode cambiar. Si que podemos, podemos rematar coa violencia machista cada quen dende a sua responsabilidade.

É por todo isto que vos convocamos hoxe aquí a Marcha Mundial das Mulleres.

-porque queremos mudar unha situación insostible para nós

-porque queremos por fin, ser nós mesmas

-porque queremos que se nos vexa e se nos escoite

A pesares do loito e do moi triste que o é o día de hoxe, tamén queremos que sexa un dia con esperanza. Conseguiremos entre todas mudar esta situación, porque é os noso dereito a existir como mulleres, porque é a nosa propia vida a que está en xogo.Porque nós, non non resignaremos, porque nós, non nos renderemos. Porque estaremos aquí xuntas para revelarnos cada vez que haxa que facelo. Porque estar aquí forma parte da nosa responsabilidade.

Non o dubidedes nin por un segundo que esta é unha loita gañada.Grazas a todas e todos por estar aquí neste dia tan triste.

A MMM de Trasancos mobiliza-se contra a violencia machista


A Marcha Mundial das Mulheres na comarca de Trasancos convocou umha concentraçom de repulda e dolo polo assassinato de Mariluz Posse em Cambados. O assassino foi esta vez um guarda civil que nom suportou que Mariluz lhe dixesse NOM!

segunda-feira, 26 de novembro de 2007

Ferrol Terra - 25N2007

Galería Fotográfica da concentración que tivo lugar na Praza de Galiza de Narón, ás 12 do mediodía [Entrar].

Crónica da Xornada.
_____________

sábado, 17 de novembro de 2007

No Día Internacional contra a violencia de xénero, o 25N, acude á mobilización convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Narón

O Domingo 25 de Novembro en Ferrol Terra, acude á mobilización convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Narón

Ferrol Terra,

25 N 2007

ás 12hrs, Praza de Galiza,

en Narón.

PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA
CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE
25 de novembro,
Día Internacional
contra a Violencia de Xénero


Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova.

Somos conscientes de que muitas estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas políticas (G-8, gobernos, exércitos...), e estruturas relixiosas (Vaticano, conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...) están mantendo e perpetuando unha organización patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista. Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico de persoas e explotación sexual.

Aínda así, desde a Marcha Mundial das Mulleres temos o convencemento de que para rematar coa violencia, non chega coa denuncia e loita contra todas estas institucións e estruturas. Partindo da nosa realidade máis inmediata, fai falta que confluamos nunha mesma dirección todos os sectores sociais que aspiramos a transformala,
porque cada quen debe analisar e asumir a responsabilidade que lle corresponde para rematar con esta lacra social:

*As organizacións políticas e as persoas que teñen responsabilidades e presenza nas administracións e nos poderes públicos, que deben tomar consciencia de que este non é un problema só daqueles departamentos, secretarías, concellalias... específicas, senón que é algo que atinxe de xeito global a todos os estamentos e implica reformulacións organizativas e de "boas práticas", destinando máis recursos para a aplicación das leis, creación e mantemento de servizos de atención e recuperación das vítimas, aplicando consecuentemente políticas de prevención e compromenténdose, máis aló do papel, nas políticas de igualdade. Enfrontándose aos grupos políticos que dean o seu apoio a alternativas ou práticas sociais, económicas, relixiosas e culturais que niguén a igualdade de dereitos para todas as persoas e favorezan relacións de marxinación e opresión.

*As persoas que traballan nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, que teñen a responsabilidade de elaborar e divulgar unha información obxectiva e libre de estereotipos sexistas, tanto en relación coas vítimas de violencia como a visibilización das mulleres en todos os ámbitos sociais. Asumindo a responsabilidade que lles corresponde na creación dunha opinión pública inspirada nos valores da igualdade.

*Os sindicatos, que teñen a responsabilidade de loitar contra a segregación e a discriminación no mundo laboral e de asumir a defensa da seguridade e a saúde de todas as traballadoras e traballadores. Deben aplicar unha perspectiva de xénero na sua acción sindical, utilizando todas as ferramentas na loita contra a discriminación, e o acoso, e na mellora das condicións laborais, especialmente dos sectores máis precarizados e vulnerábeis, tanto no ámbito rural como no urbano. Correspóndelles, como un dos máis importantes axentes sociais, un papel fundamental na sensibilización social a prol da igualdade, a corresponsabilidade e de rexeitamento do machismo e a misoxinia.

*A comunidade educativa, que ten a responsabilidade de detectar e atallar, no seu ámbito, actitudes machistas e situacións de violencia, formando en valores de igualdade, solidariedade, xustiza, liberdade e paz. Xerando dinámicas própias de renovación pedagóxica que garanticen unha educación en igualdade.

*O movimento veciñal, cultural, ecoloxista... que conforman un tecido social moi activo no noso país e de compromiso transformador, que teñen a responsabilidade de transmitir e aplicar os modelos de igualdade na hora de elaborar as súas alternativas, a súa práctica e o seu modelo organizativo, monstrando a súa solidariedade e irmandade co feminismo.

* As persoas crentes, que tenhem a responsabilidade de rexeitar o machismo e a misoxinia que emana, tanto das estruturas relixiosas, da doutrina, ou dos textos sagrados, buscando un novo modelo de espiritualidade que non perpetue a exclusión e opresión das mulleres.

* Os homens, que teñen a responsabilidade de amosar o seu rexeitamento, no día a día, ás actitudes machistas, desenvolvendo novos modelos de masculinidade, implicándose na sensibilización e concienciación social pola necesidade dun novo modelo de relacións afectivas e sexuais baseadas no respecto, a igualdade e a liberdade. Asumindo a corresponsabilidade no coidado (crianzas, persoas enfermas e de idade, traballo doméstico...), tan imprescindíbel para as persoas.

As mulleres, que temos a responsabilidade de non perpetuar un sistema que nos marxina, de rexeitar unhas relacións baseadas na sumisión e na desigualdade, que debemos implicarnos no proceso de empoderamento individual e colectivo, criando alianzas e cumplicidades que nos axuden a avanzar.

DOMINGO, 25 DE NOVEMBRO
ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS


Vigo, ás 12hs saída de Urzaiz (entrada a Príncipe).
A Coruña, ás 12hs no Obelisco.
Ferrol Terra, ás 12hs, Praza de Galiza, en Narón.
Pontevedra, ás 12hs Praza “8 de marzo”.
Costa da Morte, ás 12hs na Praza “8 de marzo” en Cee.
Compostela ás 12:30 na Praza “8 de marzo”.
_______________

Convite para as Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol Terra

Primeiras Xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol.
28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007

Estimadas compañeiras:

Adxunto invitación e programa definitivo das primeiras xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA que se celebrarán en Ferrol os próximos 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2007. Devanditas xornadas celebraranse entre a escola universitaria de enfermería (28 e 29 de Novembro), o Ateneo Ferrolán (30 de novembro) e nas rúas de ferrol (1 de Decembro de 2007).

Para inscribirse nas xornadas farase por correo electrónico, ou ben no local da Asociación, no horario abaixo indicado.

Esperamos a vosa asistencia e rogamos difundades a programación entre amigos e outras entidades.

Atentamente, recibide un saúdo moi cordial

9 de novembro de 2007

Carlos Varela Fdez.
Secretario/Educador

LAZOS

Comité Cidadán Antisida LAZOS, de Ferrolterra.
C/Fernando VIN, 18 Baixo. C.P. 15403 Ferrol.
Tlfno.981 350 777
Horario de atención ó público
de 10:30 hrs a 13:30 hrs.
Só luns tarde: 17:00 a 19:30 horas.

comite.antisida.lazos@hotmail.com
_________________

Convite para as Xornadas de sensibilización Anti-Sida 2007 quese van realizar en Ferrol os días 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro 2007

Estimadas compañeiras:

A Asociación LAZOS-Comité cidadán antisida de Ferrolterra en coordinación coa Escola Universitaria de Enfermería e podoloxía de Ferrol e o Ateneo Ferrolán teñen o pracer de invitarlles ás primeiras xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA "NON CHE QUEDES NAS NUBES" que se celebrarán os próximos 28, 29, 30 de Novembro e 1 de Decembro de 2007 en Ferrol.

Con esta actividade preténdese lanzar unha chamada de atención á poboación xeral, sobre a problemática do VIH, tanto no ámbito local, como autonómico.

O proxecto Non Che Quedes nas nubes (NTQN), é unha acción de sensibilización dirixida á poboación en xeral, onde se pretende dar información relativa á situación epidemiolóxica do VIH e a súa problemática específica.

Diferentes estudos sinalaron que existe unha "baixada de garda" ante a problemática do VIH, sendo un factor de causa esta actitude percibida, a mellora substancial experimentada polas persoas afectadas.

O alto índice de supervivencia que se veu experimentando nos últimos 10 anos, tamén é considerado unha razón máis para confirmar a teoría sobre o descoido na toma de medidas preventivas á hora de manter relacións sexuais, principal vía de transmisión e novos casos, no noso país.

Ás razóns expostas podemos engadir a situación de marxinación, discriminación e rexeitamento que aínda vén as persoas, o cal demanda unha mobilización da sociedade en prol de manifestar a igualdade no trato das persoas con VIH.

Doutra banda involucrouse aos mozos e mozas da cidade, convocando un concurso de relatos curtos sobre VIH/SIDA, cuxo premio outorgar no Ateneo Ferrolán o Venres día 30 de Novembro ás 12:00 da mañá.

O programa de actividades das xornadas "NON CHE QUEDES NAS NUBES" pódeno consultar no local da Asociación, sito na rúa Fernando VIN, 18-Baixo, de Ferrol e no cronograma adxunto.

Para máis información, chamar ao 981 350777 ( local da Asociación ), ó ao 667968807 ( Carlos Varela-Secretario de LAZOS-Comité antisida de Ferrolterra).
__________________

Díptico da xornadas de sensibilización Anti_Sida:

[Clicar acima das imaxesns para ampliar]


_______________

En Burundi, as mulleres, só polo feito de ser mulleres, están desprotexidas, as mulleres sofren de forma xeneralizada diferentes formas de violencia

INTRODUCCIÓN



En Burundi, as mulleres, só polo feito de ser mulleres, están desprotexidas. Tanto na guerra como a paz, as mulleres sofren de forma xeneralizada diferentes formas de violencia sexual, entre elas, a violación.

Mulleres e nenas foron e son violadas por parte de militares, funcionarios encargados de facer cumprir a lei, persoas da comunidade e ata por familiares. A impunidade da que gozan as forzas gobernamentais e grupos armados desalienta ás mulleres e nenas á hora de denunciar ante as autoridades.

O caso de N.E., unha nena de 6 anos, de Cibitoke, en Buiumbura ilustra esta impunidade. N.E. foi violada por un mozo de 18 anos. A súa nai denunciou o asunto á policía; con todo, o seu esposo botou a culpa da violación a nena. O presunto violador foi detido pero como a nai deste non podía levarlle comida ao cárcere, a policía deixouno en liberdade.

Ti podes axudar a N.E. e a miles de nenas e mulleres na mesma situación, pedindo ás autoridades de Burundi que garantan o acceso á xustiza das vítimas de violencia sexual.

Para elas a túa firma é importante. Dedícaas un pouco do teu tempo asinando esta petición ao Presidente de Burundi. E se queres traballar todos os días defendendo os dereitos humanos de persoas como ti, úneche agora a Amnistía Internacional.

Esteban Beltrán
Director - Amnistía Internacional

PS: Amnistía Internacional é unha organización independente e financiada por persoas asociadas e comprometidas coa defensa dos dereitos humanos. A túa colaboración, por pequena que sexa, é o único que nos permite seguir.


Campaña de recollida de asinaturas polo recoñecemento de todos os deritos laborais para as traballadoras do fogar

CAMPAÑA TRABALLADORAS DE FOGAR

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS POR TODOS OS DEREITOS PARA AS TRABALLADORAS DO FOGA

As persoas abaixo asinantes reclamamos a máxima equiparación de dereitos laborais e de Seguridade Social das traballadoras domésticas co resto de traballadores e traballadoras, o que esixe que a lei asegure, ademais dos cambios xa previstos no proxecto que se difundiu nos medios de comunicación, as seguintes condicións mínimas:

1.- A obrigación de especificar no contrato de traballo a duración da xornada laboral e a súa distribución diaria.

2.- No traballo externo e interno, unha xornada máxima de 40 horas semanais, prolongable en casos excepcionais para tarefas de coidado que esixan presenza responsable. Obrigación de abono de todas as horas a disposición da parte empleadora.

3.- Que o salario en metálico nunca poida ser inferior ao mínimo anual interprofesional en relación coa xornada traballada.

4.- A obrigación de alta e cotización á Seguridade Social desde a primeira hora de traballo, e repartición en todos os casos das cargas de cotización entre a parte empleadora e traballadora.

5.- A equiparación da prestación de incapacidade temporal por enfermidade común coa do Réxime Xeral, isto é, o seu cobro desde o cuarto día da baixa.

6.- Concreción das obrigacións da parte empleadora en relación coa saúde laboral, incluíndo as condicións de aloxamento e manutención.

7.- Recoñecemento do traballo que están realizando as persoas estranxeiras, incluíndo o seu dereito ao alta na Seguridade Social.

NOME E APELIDOS ------ DNI - Pasaporte ------ ASINA


Enviar as asinaturas recollidas à

Asociación de Trabajadoras de Hogar
c/ Pelota 3.
48005 Bilbao
ath-ele@hotmail.com

Explicación: Como sabes, sindicatos e patronal estatais están negociando co goberno unha proposta de cambios no réxime laboral e de seguridade social no emprego doméstico. Os cambios son a mellor, pero insuficientes.

Na actualidade hai 760.600 fogares con empregadas/vos de fogar, segundo a EPA, INE decembro 2006. Traballan neste sector o 8,6% da poboación ocupada feminina e o 0,6% da masculina. As persoas de alta no Réxime Especial de Empregados de Fogar a decembro 2006 son 300.100.

Segundo a Asesoría da Asociación de Traballadoras de Fogar de Bizkaia sobre as fichas de consultas do ano 2006:

- o 41,07 das externas que traballan 20 ou máis horas á semana non estaban dadas de alta na Seguridade Social

- o 29,41 das internas tampouco o estaban.

Moitas traballadoras domésticas realizan tarefas de coidado cunha gran carga emocional e ás veces física, moitas veces como únicas ou principais responsables do coidado a persoas dependentes. O 79% das internas están traballando unha xornada semanal superior ás 60 horas, e están dentro da legalidade porque parte compútase como tempo de presenza.

Non hai estatísticas de accidentes laborais no sector, por non recoñecerse legalmente a súa existencia e estar excluídas do sistema europeo de información sobre accidente domésticos e de lecer. Non existen indicacións precisas que preveñan os riscos laborais, o uso de produtos tóxicos, etc. A lei actual só obriga a que o traballo realícese "nas debidas condicións de seguridade e hixiene". As condicións de aloxamento non están definidas.

Segundo a noticia de prensa de setembro 2007 sobre a proposta do Goberno aos sindicatos e patronais, o réxime de Seguridade Social cambiará recoñecendo (como para o resto de asalariados e para os autónomos) o accidente laboral; con todo a baixa por enfermidade, que en todos os demais sectores é desde o 4º día, en Empregados/as de Fogar proponse pagala desde o 15º día (agora é desde o 29º). Non poderán darse de alta en Seguridade Social quen traballen menos de 20 horas semanais, e seguirá sendo obrigación da traballadora a cotizacion se traballa en máis dun domicilio. Non coñecemos a alternativa ao sistema actual en que a parte empleadora só cotiza o mes en que se produce a baixa, sendo a partir de entón toda a cotización a cargo da traballadora. Ver Nota adxunta.

Axúdanos a difundir a campaña, rebota a mensaxe.

Muller muller@ferrol.es
[Concelharia_muller_ferrol.gif]
___________

Presentación do programa Rodela en Ferrol Terra

Presentación do Programa Rodela en Ferrol Terra

Achegamos comunicación recibida do Servizo Galego de Igualdade(SGI), incluindo documentación sobre o programa "Rodela", de creación do voluntariado de acompañamento a mulleres vítimas de violencia, por se podes contribuir a darlle didusión entre as entidades sociais (AAVV, AA de voluntariado e AA de mulleres) da túa cidade. Dentro do arquivo "convite" está incluido o calendario de presentacións das sete cidades, que comenza en Ferrol o vindeiro día 15 de novembro, ás 20 horas no Edificio da Xunta na antigua Praza da Porta Nova [Praza de España].

Un saúdo.



Remítese díptico e convite de presentacións do PROGRAMA RODELA, dirixido especialmente ao movimento asociativo das sete cidades.

Un saúdo,
Servizo Galego de Igualdade
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Xunta de Galicia
Praza de Europa, 15A - 1º
15781 Santiago de Compostela
Tlf.: 981 545366
Fax:981 545365

______

Violencia de Xénero

  • Díptico lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Descargar pdf
  • Prevención da violencia de xénero entre a mocidade Descargar pdf
  • Prevención da violencia de xénero na parella Descargar pdf
  • Prevención da violencia de xénero no núcleo familiar Descargar pdf
  • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Descargar pdf
  • Resolución do 11 de xuño de 2007 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite ordinario, para o apoio á Vicepresidencia no desenvolvemento dun Plan de formación en violencia de xénero para profesionais dos servizos sociais. Descargar pdf
  • "Premio Eu Tamén Navegar" Descargar convocatoria DOG Descargar díptico
  • Teléfono das mulleres Descargar pdf
  • Atención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero Descargar pdf
  • Salario da Liberdade Descargar pdf
  • Programa de atención psicolóxica para homes "Abramos o Círculo" Descargar pdf
  • Defende os teus dereitos: Guía práctica para mulleres que sofren violencia de xénero. Polo dereito a vivir sen violencia. Descargar pdf
  • Defende os teus dereitos (Guia práctica para mulleres que sofren violencia de xénero) Descargar pdf
  • Guía de Recursos para Mulleres que sofren Violencia de Xénero Descargar pdf
  • "Campaña 25 de novembro" Descargar jpg

Desde Fene no "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"

Estimada amiga:

A data do 25 de Novembro vai aproximándose, e dende o Concello de Fene queremos invitarte aos actos que con motivo do "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" imos a organizar.

Dende o Servizo Municipal de Atención á Muller dos Servizos Sociais de Fene, a través do Punto de Información ás Mulleres e Promoción da Igualdade, imos impartir un Obradoiro de TAISHINDÓ: Defensa Persoal Feminina.

Cantas de nos tiveramos experiencias desagradábeis e lamentaramos non ser fortes psíquica e fisicamente, non ter capacidade de reacción, quedar “bloqueadas” ou non poder defendernos ante o ataque doutra persoa que consideramos máis forte que nos ou que abusa da súa forza física para facernos dano, humillarnos, golpearnos, roubarnos, agredirnos...

É por iso polo que te invitamos a participar no Obradoiro de Defensa Persoal Feminina que terá lugar o vindeiro venres, 23 de novembro de 2007, de 16:30 h. a 19:30 h. no Pavillón Polideportivo A Xunqueira de San Valentín.

Pasaremos un rato divertido e aprenderemos moitas cousas. Se estás interesada, ponte en contacto coa Psicóloga dos Servizos Sociais Municipais para inscribirte ou acadar máis información:

Teléfonos 981 49 27 06 e 981 34 26 07.

Enderezo electrónico: pim@fene.dicoruna.es

Av. Naturais, 44 – Entresollado

É unha actividade totalmente gratuíta, financiada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza.

Aproveito tamén para invitarte o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Domingo 25 de novembro, as actividades que se desenvolverán por todo o Feirón de Perlío (Fene) na Av. Marqués de Figueroa a partir das 11:30 horas.

Agradezo de antemán que pases esta información ás persoas que coñezas e poidan estar interesadas.

En Fene a 14 de novembro de 2007.

Un saúdo:

Asdo.: Eva Sayago Martínez
Psicóloga – Servizo Municipal de Atención á Muller Servizos Sociais – Concello de Fene
_____________

sexta-feira, 16 de novembro de 2007

A Asoc. de Mulleres Amizade proxectan un filme co motivo do "Día Internacional contra a violencia de Xénero"

ASOCIACIÓN DE MULLERES AMIZADE NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Terá lugar o sábado 24 de novembro a proxeción dunha
PELÍCULA e un posterior COLOQUIO

Veremos a película "A miña VIDA SEN min"
dirixida por ISABEL COIXET.

Ao final da película teremos un debate que dirixirá
Araceli Mira García - Avogada do CIM do Concello de Ferrol.

Concello de Ferrol

O CINE SERÁ ás 18Hr NO LOCAL O RÍO
Santa Mariña - Ferrol
Novembro de 2007

Ana Mª Martínez - asociacionamistad@yahoo.es
______________

segunda-feira, 5 de novembro de 2007

Comeza a xornada de traballo en Ferrol: “Vivencias e reflexións sobre os protocolos de atención ás mulleres que sofren violencia ... "

É para min un honor invitarvos á XORNADA de TRABALLO: “Vivencias e reflexións sobre os protocolos de atención ás mulleres que sofren violencia cara a unha intervención máis coidada e respectuosa”, que terá lugar o día 5 de Novembro na Casa do Mar de Ferrol. Con esta Xornada queremos mostrar o noso recoñecemento ás persoas que traballan na atención ás mulleres que sofren violencia e tamén o noso compromiso e a nosa solidariedade coas mulleres que pasaron esta tremenda experiencia. Algunhas delas queren, xenerosamente, expresar a súa vivencia na atención recibida. Gustaríanos posibilitar este espazo e este tempo para recoller a “experiencia” sobre os Protocolos en ambos sentidos coa finalidade de mellorar a calidade da atención e as condicións de traballo do persoal que as atende, co desexo de non engadir máis violencia ao vivido.

Sari Alabau Albors
Concelleira de Muller

Xornada
09.45 h. Entrega de documentación
10.00 h. Inauguración da Xornada Sr. Alcalde don Vicente Irisarri
Conferencia de apertura: dona Carme Adán Villamarin
Relatorio: Felisa Balboa Cardoso “18 anos de atención e acompañamento das mulleres en Vigo”. Psicóloga e sexóloga CIM/CA de Vigo. Membra da Xunta Xeral do Colexio Oficial de Psicólogas/os de Galicia
11.00 h. Pausa-Café
11.30 h. Experiencias das Mulleres na atención recibida.
12.30 h. Traballo en grupo “Protocolos de actuación no seu traballo e vivencia das mulleres que reciben esta atención”
14.00 h. Xantar
16.00 h. Posta en común do traballo dos grupos
17.30 h. Conclusións da Xornada
18.00 h. Clausura da Xornada pola Concelleira de Muller dona Sari Alabau Albors

Observacións

Rogámoslles o envío dos Protocolos do seu departamento cara á preparación do material da xornada Solicitámoslle que confirmen a súa asistencia no 981.944.124 e muller@ferrol.es antes do día 30.
_____________

sábado, 3 de novembro de 2007

Eva Sayago recomenda o Blog Conciliación

Eva Sayago genoveva.sayago@fene.dicoruna.es
24 de outubro de 2007 09:32

REENVÍO ESTA INFORMACIÓN POR SE FÓRA DO voso INTERESE.

UN SAÚDO:

Eva Sayago Martínez
Psicóloga Servizo Municipal de Atención á Muller
Servizos Sociais - Concello de Fene
981 34 26 07 - 981 49 27 06
genoveva.sayago@fene.dicoruna.es

Bos días a todase todos,

Envíovos o enlace dun blog que creou un colaborador de Fundación Mulleres no que atoparedes información referente a Conciliación, por se vos pode interesar ou servir de axuda.

http://conciliacion.blog.com/
_____________

sábado, 6 de outubro de 2007

Xornada sobre a prostitución, Pontevedra o 20 de outubro de 2007

Pontevedra, 20 de Outubro:
A prostitución a debate

MMM Marcha galiza -marchagaliza@gmail.com-
3 de outubro de 2007 00:38
Para: marchagaliza@feminismo.info
A PROSTITUCIÓN A DEBATE

A Marcha Mundial das Mulleres organiza o próximo día 20 de outubro, unha xornada aberta de debate sobre a prostitución. No arquivo encontraredes o programa e o cartaz. Agardamos a vosa asistencia.

A inscripción realizarase mediante pago de 20€ no nº da conta da Marcha Mundial das Mulleres:

CAIXA GALICIA: 2091-0377-71-3040005610

No recibo deberá constar o nome e a localidade.

Eses 20€ comprenden os cafés de media mañá e tarde, e o xantar do mediodía.

Pódese contactar por teléfono coas coordenadoras de Vigo(657825556 ), Ferrol (652201003), Pontevedra (669794462) e A Coruña (649372511).

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha mundial das Mulleres
Avda de Lugo 143, baixo
15703 Compostela-Galiza
CIF G-15773013
tlf 652201003-657825556-667531529
http://www.feminismo.info


Se o necesitades podedes copiar o cartaz e folleto aquí:
Cartaz en formato -jpg-
Folleto en formato -jpg-

segunda-feira, 25 de junho de 2007

A concentraçom em Ferrol desenvolvida no meio dum evento desportivo

A Coordenadora Local de Ferrolterra, tinha convocada para hoje às 8 da tarde umha concentraçom de repulsa polo assassinato de Estrella Geremias, última vítima mortal da violência machista. Co motivo do ascenso a segunda divissom A da equipa de futebol local, o concelho organizou umha recepçom à mesma hora na que se concentrarom perto de mil pessoas. Umha acertada mediaçom das concelheiras permitiu que as mulheres que participavamos na concentraçom contra a violencia machista nos colocasemos ao fronte do concelho e mentres duas moças colocavam numha farola umha fita em lembrança de Estrella Geremias, umha representante da Marcha Local, fazendo uso da megafonia colocada na praça para o acto desportivo, poido dirigir-se as pessoas concentradas na praça para denunciar a violência machista, denunciar as raices patriarcais nas que se sustenta e solicitar o compromiso de toda a sociedade para erradica-la.

Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias

A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra convoca unha concentración de repulsa ante unha nova vítima mortal da violencia machista. A concentración terá lugar na Praza do Concello ás 20hs. O caso de Estrella Geremias en Oleiros, ven a engrosar unha longa lista de vítimas, que non vai deixar de medrar mentras esta sociedade non rexeite as estruturas e ideoloxias machistas que estan na raíz que alimenta esta violencia, que sega, de xeito tan tráxico a vida de tantas mulleres, e que obriga a miles a denunciar situacións de maltrato cada ano. A sociedade non pode ser cómplice destes asesinatos pensando que se tratan de feitos individuais ou responsabilizando ás vítimas por non romper con situacións onde se ve ameazada a sua vida. Estas actitudes demostran a ignorancia que ainda existe na nosa sociedade en canto aos mecanismos de dominación que desenvolve este tipo de violencia. Agardamos e esiximos un posicionamento unánime e radical contra a violencia machista por parte de toda a sociedade e en todos os ámbitos.

quinta-feira, 14 de junho de 2007

Axudas da Secretaría Xeral da Igualdade para asociacións

Igualdade pon en marcha axudas para subvencionar os gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galiza

As entidades poden presentar as solicitudes dende mañá ata o 5 de xullo

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2007.- A Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha unha liña de axudas dirixidas a subvencionar os gastos correntes de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galiza. Estas axudas, ás que vai dirixida unha contía de 240.000 euros, poderanse solicitar á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ata o día 5 de xullo.

Poderanse beneficiar destas subvencións as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia, na área de actuación de muller, e domiciliadas na Comunidade Autónoma. Para optar a estas axudas, as asociacións deberán contar cun mínimo de 50 mulleres socias, e as mulleres deben representar polo menos o 90% da totalidade dos asociados. Así mesmo, entre os seus fins deberán promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.

As axudas reguladas na orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha liña de apoio ao seu mantemento e funcionamento. Por este motivo, concederanse axudas económicas para compensar os gastos que orixinen o mantemento ou o funcionamento destas entidades no exercicio do 2007. O mantemento inclúe o financiamento dos gastos correntes en bens e servizos derivados do local onde estea situada a sede social da entidade, obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións, así como gastos de material. O funcionamento ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento das actividades propias e habituais da entidade, incluíndo os gastos derivados do seu persoal.

Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades peticionarias teranse en conta o número de mulleres asociadas e, no caso das federacións, tamén o número de asociacións federadas e o seu ámbito de actuación. Así mesmo, valoraranse o número e características das actividades realizadas pola entidade nos últimos tres anos, priorizándose as actividades que de xeito habitual ou periódico se dirixan a mulleres que sofren violencia de xénero. Tamén se mirará a adecuación das actividades as políticas de igualdade e a carencia de medios económicos ou a dificultade de obter canles de financiamento por outros medios.

As entidades interesadas poden consultar a orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia nº 107, do martes 5 de xuño de 2007

Enviado por Eva Sayago - Psicóloga Servizo Municipal de Atención á Muller SS.Sociais - Fene

Comunicado leído por Anxela Lagoa na concentración de Ferrol en repulsa polo asesinato de Lucía Canosa

En Tedín, unha aldea de Cee, onte á noite, Lucía Canosa Senlle, foi golpeada na cabeza, cun martelo, polo seu marido, ata matala.

Lucía, con 67 anos, é a terceira muller, vítima da violencia de xénero, na nosa comunidade.

E aínda que o movemento feminista, non deixamos de dicir, que a violencia exercida sobre as mulleres é consecuencia do machismo e o patriarcado, tan metido aínda nalgúns homes cos que día a día temos que convivir neste, noso mundo tan pouco xusto e igualitario, seguimos a escoitar, de voz dos veciños e veciñas, que eran un matrimonio exemplar, que algo raro tivo que pasar para que el reaccionase desa maneira.

Sempre, se lle quere buscar unha explicación racional ao que non ten senso ningún. Tivo que ser un momento de loucura, “o demo púxose por medio”, etc.

Pero a violencia, o maltrato, a falla de respecto, o insulto, o asasinato non ten razón, non debe existir. Só responde a que uns homes considéranse superiores, opinan que eles están por encima das súas mulleres, teñen o poder de decidir e de actuar, eles son os amos, os xefes e ningúen importa e como eles non teñen consideración, un mínimo respecto por ningúen, a sociedade temos que respostarlles que están sós, illados, que non forman parte da sociedade que queremos crear, do mundo no que queremos vivir.

E hoxe, eiquí, non é só a Marcha e as persoas que estamos a participar nesta concentración as que rexeitamos esta violencia machista e patriarcal, somos millóns e millóns de persoas as que pensamos que xa non máis benevolencia cos maltratadores, xa non máis, pois é un bo veciño ou un bo traballador ou un bo pai ou fillo. Quen da palizas á súa muller, a acoitela e a mata, polo feito de que é del, polo feito de que naceu muller, ese home non ten nada, nada bo.

En lembranza de Lucía e de outras moitas mulleres, xa desaparecidas ou que están a vivir un inferno, no seu fogar, que saiban que non son elas as que están soas, que non son elas as culpables, que os merecedores dos castigos son eles. As mulleres, somos merecedoras de respecto, de autonomía e de independencia, de amor, de solidariedade, de sorrisos, apertas e bicos.

E para Lucía o noso adeus agarimoso, pero non deixa de ser un adeus.

Grazas por vir no nome da MMM
--------------------------------
Foto de Rafael Estevez

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Programa radiofónico de mulleres empresarias


Promover a actividade das mulleres emprendedoras e divulgar os seus proxectos empresariais son os obxectivos do espazo de radio CALIOPE que comeza a emitir Radiofusión, a programación conxunta das emisoras municipais galegas. CALIOPE emitese todos os dias de luns a venres ás 12,55, 18,55 e ás 22,30 horas. Tamén se escoita a través de Internet na páxina web www.radiofusion.eu.
O programa ten un caracter divulgativo, promovendo a información necesaria para a criación, consolidación e financiamento de empresas promovidas por mulleres. Pártese de experiencias concretas, nas que mulleres empresarias expoñen as súas fortalezas e debilidades á hora de construir un proxecto empresarial. Informase sobre as axudas da administración nesa tarefa, e se ofrecen criterios básicos para a redacción dun Plan de Empresa, un estudo de mercado, ou as fórmulas xurídicas para a posta en marcha dun negocio.
O espazo conta coa colaboración do Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Enviado por Eva
Sayago - Psicóloga Servizo Municipal de Atención á Muller SS.Sociais - Fene

terça-feira, 22 de maio de 2007

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ


O próximo xoves 24 de Maio a Marcha Mundial das Mulleres comemora en Narón o DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ. Nesta ocasión coa proxección da película Irano-Iraqui, AS TARTARUGAS TAMÉN PODEN VOAR. O director kurdo, Bahman Ghobadi, comezou a filmar esta película, a sete dias do comezo da guerra de Irak. A proxección terá lugar na aula de usos múltiples da Biblioteca Municipal, desde as 19hs.

Asi se desenvolve o valor da PAZ no texto da Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade:

PAZ
1. Todos os seres humanos vivem num mundo de paz. A paz resulta em particular da: igualdade entre os sexos, da igualdade social, económica, política, jurídica e cultural, do respeito aos direitos, da erradicaçom da pobreza que assegure a todas e todos umha vida digna, isenta de violência, onde cada pessoa tem um trabalho e recursos suficientes para alimentar-se, ter vivenda, vestir-se, instruir-se, estar protegida na velhice e ter acesso aos cuidados necessários.

2. A toleráncia, o diálogo, o respeito da diversidade som garantias da paz.


3. Quedam excluidas todas as formas de dominaçom e de exclusom de parte de umha pessoa sobre outra, de um grupo sobre outro, de umha minoria sobre umha maioria, de umha maioria sobre umha minoria, de umha naçom sobre outra.

4. Todos os seres humanos tenem o direito de viver num mundo sem guerra e sem conflito armado, sem ocupaçom estrangeira nem base militar. Ninguém tem direito sobre a vida ou morte das pessoas ou dos povos.

5. Nengum costume, tradiçom, ideologia, religiom, sistema económico nem político justificam violências.


6. Os conflitos armados ou nom, entre os países, comunidades ou povos som resolvidos pola negociaçom que permite encontrar soluçons pacíficas, justas e equitativas a nível nacional, regional e internacional.

sexta-feira, 18 de maio de 2007

XORNADA SOBRE SOBERANIA ALIMENTARIA


Isabel Vilalva, delegada da Marcha Mundial das Mulleres no Foro de Soberania Alimentaria celebrado en Mali o pasado mes de febreiro, e pertencente á Secretaria da Muller do Sindicato Labrego Galego, xunto a Lidia Senra, Secretaria Xeral do SLG e da Secretaría da Muller da organización internacional VIA CAMPESINA, estarán o próximo día 1 de Xuño en Ferrol para falarnos sobre soberania alimentaria. A xornada é aberta para todas as persoas interesadas no tema. Celebrarase nos locais da AAVV de Ferrol Vello, que ten a súa sede no Porto de Ferrol, na Rua do Cuco nº 1, comezando ás 8 da tarde. Agardamos a participación de todas e todos.

quarta-feira, 11 de abril de 2007

A Marcha obten o premio "Muller de Naron 2007" en Naron

A Concelleira da Muller de Narón entregou á Marcha Mundial das Mulleres o premio "MULLER DE NARON 2007", no transcurso dunha cea á que asistiron 300 mulleres. Estas foron as palabras de Anxela:

A Marcha Mundial das Mulleres, agradece sinceiramente este recoñecemento por todo o que significa. Para nós, as mulleres da Marcha que participamos a título individual ou que representamos tamén a outras organizacións recibimos con moita ledicia e ilusión este recoñecemento polo noso traballo desenvolvido a prol dos dereitos das mulleres.

Valoramos moi positivamente este recoñecemento porque cremos que detrás del, está o valor que as veciñas e veciños de Narón lle están a dar ao esforzo colectivo das mulleres que participamos na Marcha.

E por iso debemos aproveitar a oportunidade que se nos brinda para renovar o chamamento a todas as mulleres de Narón que, hoxe, son partícipes dalgunha maneira neste recoñecemento, para que apoien a loita feminista, para que entre todas marchemos polos camiños da igualdade e logremos facer cambios que consigan que vivamos nun mundo en paz, nun mundo solidario, nun mundo xusto, libre e igual. Éstes son os cinco principios que inspiran á Marcha.

E a colcha galega da solidariedade, para mín, representa ese desexo, esa labor, esa maneira de facer que temos as mulleres, que aínda sendo diferentes e vivindo en distintos lugares, sabemos unir, entrelazar forzas para chegar a mellorar a calidade de vida das mulleres e dos homes, para facer desaperecer a pobreza e a violencia deste mundo.

Eu á Marcha lle adico tempo, lle adico esforzo, sentimento, paciencia, pero de verdade vos digo que iso non é nada se o comparo con todo o que me dá. Dame amizade, dame compañeirismo, dame ideas, reflexión, dame información e formación, dame ansias, gañas, optimismo. A mín, o feminismo faime sentir mellor persoa e logra que entenda e respete.
Pero se teño que destacar algo da miña participación na Marcha dende o ano 2000 é que consiga que reinvindique, que me solidarice e que sinta que estou acompañando, axudando a mulleres en Africa, en Perú ou na India. A Marcha é un movemento internacional e non só cando viaxamos a outros paises a mobilizarnos ou a reunirnos, sintes esta integración, a solidariedade está sempre en todas as nosas accións.

Eu, Anxela, viciña de Narón quero dicirvos que todas as mulleres de organización ou sen organización detrás que entendan que, pasiño a pasiño se logran cambios, non grandes cambios nin rápidos, pero sí cambios que, por moi pequenos que sexan nos enchen de orgullo saber que participamos neles, para todas esas mulleres a Marcha tamén é vosa.

Gracias, moitas gracias.


Curso de empoderamento en Fene

Boas,
Recordarvos que os obradoiros Sobre Empoderamento para Mulleres comezan mañá, mércores día 11 de abril, na casa do Concello de Fene, no seguinte horario 16,30 a 18,30. Desenvolveranse tres obradoiros máis nos seguintes mércores consecutivos no mesmo horario, salvo que o grupo decida cambia-lo, o cal se decidirá na primeira sesión e do cal vos informaremos.
Dade-lle a máxima difusión, graciñas e un saúdo !!
Mon e Chus

terça-feira, 20 de março de 2007

Foro de Cidadás que se celebrará o luns 26 de marzo, na Biblioteca Municipal de Narón

Ola a todas e a todos de novo,

remitímosvos o cartel do vindeiro Foro de Cidadás que se celebrará o luns 26 deste mes, coma sempre na Biblioteca municipal do Concello de Narón ás 18:00h.

O título escollido para o Foro deste mes é "8 de marzo: por que un día internacional das mulleres?", xa que con motivo da festividade de dito día, é interesante que reflexionemos sobre as raíces e orixes dese día, así que xa sabedes mulleres de narón, animádevos a participar!!!

Un saúdo para todas!!! e vémonos o luns 26

Recordade que o servizo de atención a persoas dependentes durante as horas do foro continúa á disposición das mulleres que desexedes acudir se así o precisades, só tedes que solicitalo no concello, no Servizo sociocomunitario no teléfono 981-337700 Ext. 326 e falar con Judith, recordade que é preciso facer a solicitude 4 días antes do foro!!!

Unha aperta, e dádelle a máxima difusión posible!!!

Chus Olivares Rodríguez (655367160)

Mónica Otero Beceiro (670066852)

Enviado por:
Chus e Mon traballadoras sociais -xenerando@hotmail.com-

15 de Março de 2007 12:18

sábado, 17 de março de 2007

Obradoiro de empoderamento en Fene

11, 18, 25 de abril e 2 de maio de 2007

Estimada compañeira:

Coma delegada da Muller do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller dos Servizos Sociais Municipais, teño o pracer de informarlle do obradoiro para mulleres previsto para o mes de abril: “MULLERES EMPODERADAS

A consecución da igualdade en todos os eidos precisa da implicación de todas as persoas integrantes dunha comunidade en xeral e, das mulleres en particular. Neste senso é preciso procurar a participación plena das mulleres na vida social, económica e política, promovendo así a consecución do poder individual e colectivo: o “EMPODERAMENTO”.

O empoderamento, xa dende o movemento feminista, lévase promulgando como instrumento imprescindíbel para a consecución do obxectivo de igualdade, facilitador na toma de conciencia por parte das mulleres das situacións de opresión e dominio que o sistema patriarcal impón de xeito inxustificábel á metade da poboación. Por todo isto, faise preciso estabelecer un traballo directo coas e para as mulleres, de xeito que se fomente a conciencia crítica favorecedora do cambio social, favorecendo a identificación das necesidades e demanda de intereses propios como mulleres, facilitando ferramentas prácticas de cara á consecución de participación activa coma cidadáns de pleno dereito.

Agradézolle que comunique esta información ás mulleres coas que contacte e da federación que representa e lle dea a maior difusión posíbel á actividade co obxecto de poder favorecer a participación das mesmas no obradoiro.

En Fene, a 14 de marzo de 2007.
Reciba un cordial saúdo.

Asdo.: Rita Couto Seijido

Delegada da Muller – Concello de Fene

P.D.: Nun principio estivo prevista a actividade para o mes de marzo, comunicámoslle o cambio de datas para que podan anotarse máis mulleres se así fora o caso, 11, 18, 25 de abril e 2 de maio de 2007

sexta-feira, 16 de março de 2007

Curso de Autoprotección da Cruz Vermella

Bos días compañeiras:

Desde o proxecto de Teleasistencia Móbil estamos organizando un rolda de charlas que, baixo o título de "Medidas de autoprotección", vanse a desenvolver en varias asembleas locais de Cruz Vermella Española na provincia da Coruña dirixidas ás usuarias do Servizo de Teleasistencia Móbil para Vítimas de Violencia de Xénero (TAM-VG). A Policía Nacional - concretamente o Servizo de Atención á Familia (SAF) - ofreceuse a colaborar nos, facilitándonos unha serie de directrices de autoprotección de tipo xeral aplicables á nosa actividade cotiá, para logo pasar a resolver dúbidas máis concretas que nos poidan xurdir. Esta actividade terá lugar o 28 de Marzo ás 17,00 horas na Asemblea local de Cruz Vermella Española en Ferrol (C/ Sol Nº 26)

A esta charla están invitadas usuarias do Servizo TAM-VG, así como compañeiras dos concellos da zona e outras mulleres que estean interesadas neste tema e queiran participar.

Se estades interesadas en acudir, por favor comentádemo canto antes para que poida concretar o número de asistentes e organizar o Salón de Actos para que todas poidamos estar a gusto (achégovos o móbil para que me chamedes antes do 26 de marzo).

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saludiño

Enviado por:

Patricia Gallego Rodiño -pgallego@cruzroja.es-
16 de Marzo de 2007 11:05
Coordinadora Proyecto TAM-VG
Cruz Roja Española
Asamblea Provincial de A Coruña
C/ Cruz Roja Española nº 1 15002 A Coruña
15000-TAMVG@cruzroja.es
Tf: 981 22 10 00 ext. 1036
679 95 52 67
__________

E por:

Eva Sayago Martínez -genoveva.sayago@fene.dicoruna.es-
16 de Marzo de 2007 14:21
Psicóloga - Responsábel Servizo Municipal Atención á Muller
Depto. Servizos Sociais - Concello de Fene (A Coruña)
Telfs.: 981 34 26 07 - 981 49 27 06
Fax: 981 49 27 08

quinta-feira, 15 de março de 2007

Sábado 17, acto de homenage a Mar Becerra em Valdovinho




Este sábado às 11 da manhá, no cemitério de Valdovinho, as associaçons vizinhais e culturais de Valdovinho organizam um acto para lembrar a sua vizinha, assassinada em Cedeira o passado mes de Julho. Co motivo da celebraçom do 8 de Março, as mulheres das associaçons deste concelho, organizam diferentes actos. Manhá à tarde na casa da Cultura será umha mesa redonda que terá continuidade numha cea. Ademais este ano, engadem este acto de homenagem no cemiterio de Valdovinho, onde está enterrada "Marcita", onde será lido um texto lembrando que a violencia contra as mulheres é algo próximo e que é necessario o compromiso de todas e todos para erradica-la. Ademais da leitura deste texto, umha rapaza de Valdovinho interpretará umha composiçom musical na sua memória.

Mobilizaçom da Coordenadora Local polo assassinato de Mar Becerra

quarta-feira, 14 de março de 2007

Actividades en Naron polo "Día Internacional das Mulleres", neste 2007

Ola a todas e a todos!!!

Queremos informarvos das actividades que se van a levar a cabo nestas datas en relación ao 8 de marzo "Día Internacional da Muller":

Hoxe ás 20:00 no auditorio de Narón, conferencia de Alda Facio, abogada feminista de Nacións Unidas. A conferencia abordará a convención para erradicar todo tipo de discriminación contra as mulleres(CEDAW).

O vindeiro día 23, venres ás 21:30 na Concha, terá lugar a Cea das Mulleres, sabedes que podedes recoller as entradas no concello e nas asociacións de veciñanza!!! Apuntádevos!!!

E o Foro de cidadás, do que próximamente vos remitiremos o cartel, será o luns 26, ás 18:00, coma sempre na Biblioteca Municipal de Narón. Acudide veciñas!!!

Saúdos e dádello a máxima difusión posible, para que a celebración do mes de marzo, mes das mulleres, conte coa máxima participación posible!!!

Graciñas!!!

Chus Olivares Rodríguez (655367160)
Mónica Otero Beceiro (670066852)

_____________
Informámosvos de que Alda Facio (jurista e consultora de xénero Nacións Unidas) impartirá hoxe unha conferencia no Auditorio Municipal de Narón ás 20.00 horas. A conferencia versará sobre a CEDAW (convención para erradicar todo tipo de discriminación contra as mulleres)

Esperamos contar coa vosa presenza e rogámosvos que difundades esta información na medida en que vos sexa posible.

Un cordial saúdo

Cristina Justo Suárez
Coordinadora Master de Xénero e Políticas de Igualdade
Universidade da Coruña
Facultad de Sociología
1º planta, 1º módulo de despachos
15071, Campus Universitario de Elviña
A Coruña
981167000 ext. 4895


Enviado por:
2007/3/14, monica otero beceiro *airebalbina@hotmail.com*
Chus e Mon traballadoras sociais *xenerando@hotmail.com*
Actividades Plan de Igualdade
14 Mar 2007 12:30:15

domingo, 11 de março de 2007

Amnistia Internacional: 13 de marzo, charla-coloquio con Laura Badillo Ramírez, en Ferrol

Amnistia Internacional: 13 de marzo, charla-coloquio con Laura Badillo Ramírez

Charla coloquio na sala de Actos do Vicerrectorado do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC, ás 7 da tarde, do martes 13 de marzo de 2007, coa intervención de Laura Badillo Ramírez, da Ruta Pacífica das Mulleres de Colombia.


http://www.rutapacifica.org.co/

Nin abuso de poder, nin impunidade ! Violencia sexual contra as mulleres a mans de axentes do Estado.

Acto organizado polo Grupo Local de Ferrolterra de Amnistía Internacional

saúdos

Merce



Enviado por:

Merce Ventura *mercemainake@hotmail.com*
Día Internacional da Muller e Amnistia Internacional
11.03.2007 12:30
http://www.actuaconamnistia.org

sexta-feira, 9 de março de 2007

Acto do 8 de Março de 2007 em Ferrol

Mais dum cento de pessoas concentramo-nos, às 8 da tarde, no Cantom de Ferrol, este 8 de Março de 2007, num acto emotivo e cheio de significado, varias companheiras da Marcha tomárom a palavra, para dar-lhe contido o de denúncia, reivindicaçom e luita feminista ao ao acto:

___________________________________________________________
Queremos no nome da Coordenadora da Marcha Mundial das Mulheres da comarca de Trasancos, agradecer a todas as pessoas que vos achegachedes hoje ate esta praça,para compartir este acto do 8 de Março, dia Internacional das Mulheres.

Podedes observar que achegamos ate aqui múltiples objectos. Uns asociados directamente ao mundo laboral, aos distintos oficios e profesions, outros relacionados co mundo dos coidados, dos afectos e da reproduçom humana.

O primeiro mundo, o laboral, está organizado baixo um sistema global, o capitalismo, que se rige pola acumulaçom de beneficios a costa dumha produçom ilimitada e incetivando o consumo irresponsável e devastador para o planeta.

Este sistema nos coloca às mulheres, case sempre nos trabalhos menos valorados e menos remunerados.Este sistema impom jornadas laborais moi longas.

O mundo dos coidados e da reproduçom humana segue-se considerando maioritariamente, responsabilidade exclusiva das mulheres.Este mundo, o dos coidados e a reproduçom, é minusvalorado e nom se computa em termos económicos, quando é imprescindível para as pessoas.

O feminismo entra en confrontaçom com este modelo de organizaçom do mundo laboral, económico, e o mundo dos coidados e a reproduçom, e nos indica que hai que elexir, ou compartimos ou perpetuamos a discriminaçom das mulheres.

Queremos neste acto reivindicar a necessidade de compartir estes dous mundos, para isso vos pedimos a todas as pessoas que estades hoje aqui, que recolhades obxectos vinculados aos dous mundos e os coloquedes alternando-os dentro do simbolo que temos debuxado no cham।

__________________________________________________________
Antes de fazer a leitura do manifesto da Marcha Mundial das Mulheres na Galiza, queremos mandar um saudo solidário a todas as companheiras da Marcha de America latina que se estam mobilizando este dia contra o passo polos seus paises do Presidente de EEUU, expresando a repulsa à sua política de guerra e destrucçom.

Também queremos manifestar a nossa solidariedade coas companheiras da Coordenadora da Marcha Mundial das Mulheres em Marrocos, que estám levando umha campanha para levantar a condea a morte de tres mulheres iraquies,actualmente em prisom acusadas de crimes contra a seguridade do pais, pedindo a sua libertaçom imediata e o fim da ocupaçom de EEUU de Iraque.

A nossa solidariedade tamém com as 64 pessoas arrestadas em Iram durante a manifestaçom do 8 de Março, en particular a companheira Shala Entesari que se encontra en aillamento.

E queremos fazer extensivo este saudo a todas as mulheres do mundo que se mobilizam hoje,na defensa dos seus direitos por um mundo inspirado nos valores da igualdade,a paz, a justiça, a liberdade e a solidariedade.

___________________________________________________
As mulheres temos um papel importantíssimo na economia. Realizamos a maioria do trabalho que supom o cuidado e a reproduçom humana. Este trabalho silenciado no ámbito económico, chegaria a representar entre um 15 e um 20% do PIB (Produto Interior Bruto).

O coidado e a reproduçom humana, som a base do resto da produçom económica e permitem, ao nom estar valorado, a acumulaçom e o ganho capitalista. Ademais, outorgando-nos às mulheres a exclusividade nas responsabilidades domésticas, construiu-se a escusa ao longo dos tempos, para contemplar a inclusom das mulheres no mundo laboral como algo temporal ou complementário do seu trabalho natural no fogar.

Esta divison sexual do trabalho, provocou e segue mantendo entre outras cousas, as diferências salariais, a maior presência feminina em setores laborais precarizados e na economia submergida.

Se calculáramos a quantidade de bens e serviços que umha sociedade teria que gerar para cobrir o trabalho da reproduçom e o cuidado humano veríamos que se trata dum trabalho impagável। Compartilhar esse trabalho é a única opçom para que deixe de ser discriminatório para as mulheres.

_________________________________________________
Trata-se dumha eleiçom simples: compartir ou discriminar. Nom se trata só dumha eleiçom individual que afecta as pessoas que convivem juntas ou tenhem responsabilidades familiares, trata-se dumha eleiçom que abrangue também as estruturas económicas, sociais e políticas.

Elexir entre compartir ou discriminar, significa esquecer a acumulaçom de benefícios e capital a costa de condiçons laborais que nom permitem nem aos homens nem às mulheres, a conciliaçom da vida laboral e familiar. Significa eleger políticas que invistam e afortalem no sector público, redes assistenciais e serviços que ajudem a essa conciliaçom.

Elexir entre compartir ou discriminar significa elexir modelos sociais (educacionais, religiosos, de lecer, afectivos, sexuais, políticos...) de igualdade.

O feminismo coloca assim, a toda a sociedade numha encruzilhada onde só se podem seguir duas direcçons, a do cámbio social que permita compartilhar o trabalho que sustenta a existência da Humanidade, ou o caminho da perpetuaçom da discriminaçom das mulheres, onde a violência e a pobreza, coexistem co gasto sem medida, a ostentaçom e a depredaçom do planeta.

VIVA O 8 DE MARÇO!!!

VIVA A LUITA FEMINISTA!!!

Galeria Fotográfica: 8 de Março de 2007 em Ferrol

____________________________________________________

____________________________________________________

____________________________________________________

___________________________________________________

__________________________________________________

__________________________________________________

__________________________________________________

__________________________________________________