Mostrando postagens com marcador Obradoiros. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Obradoiros. Mostrar todas as postagens

sábado, 17 de março de 2007

Obradoiro de empoderamento en Fene

11, 18, 25 de abril e 2 de maio de 2007

Estimada compañeira:

Coma delegada da Muller do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller dos Servizos Sociais Municipais, teño o pracer de informarlle do obradoiro para mulleres previsto para o mes de abril: “MULLERES EMPODERADAS”

A consecución da igualdade en todos os eidos precisa da implicación de todas as persoas integrantes dunha comunidade en xeral e, das mulleres en particular. Neste senso é preciso procurar a participación plena das mulleres na vida social, económica e política, promovendo así a consecución do poder individual e colectivo: o “EMPODERAMENTO”.

O empoderamento, xa dende o movemento feminista, lévase promulgando como instrumento imprescindíbel para a consecución do obxectivo de igualdade, facilitador na toma de conciencia por parte das mulleres das situacións de opresión e dominio que o sistema patriarcal impón de xeito inxustificábel á metade da poboación. Por todo isto, faise preciso estabelecer un traballo directo coas e para as mulleres, de xeito que se fomente a conciencia crítica favorecedora do cambio social, favorecendo a identificación das necesidades e demanda de intereses propios como mulleres, facilitando ferramentas prácticas de cara á consecución de participación activa coma cidadáns de pleno dereito.

Agradézolle que comunique esta información ás mulleres coas que contacte e da federación que representa e lle dea a maior difusión posíbel á actividade co obxecto de poder favorecer a participación das mesmas no obradoiro.

En Fene, a 14 de marzo de 2007.
Reciba un cordial saúdo.

Asdo.: Rita Couto Seijido

Delegada da Muller – Concello de Fene

P.D.: Nun principio estivo prevista a actividade para o mes de marzo, comunicámoslle o cambio de datas para que podan anotarse máis mulleres se así fora o caso, 11, 18, 25 de abril e 2 de maio de 2007