|
En Burundi, as mulleres, só polo feito de ser mulleres, están desprotexidas. Tanto na guerra como a paz, as mulleres sofren de forma xeneralizada diferentes formas de violencia sexual, entre elas, a violación.
Mulleres e nenas foron e son violadas por parte de militares, funcionarios encargados de facer cumprir a lei, persoas da comunidade e ata por familiares. A impunidade da que gozan as forzas gobernamentais e grupos armados desalienta ás mulleres e nenas á hora de denunciar ante as autoridades.
O caso de N.E., unha nena de 6 anos, de Cibitoke, en Buiumbura ilustra esta impunidade. N.E. foi violada por un mozo de 18 anos. A súa nai denunciou o asunto á policía; con todo, o seu esposo botou a culpa da violación a nena. O presunto violador foi detido pero como a nai deste non podía levarlle comida ao cárcere, a policía deixouno en liberdade.
Ti podes axudar a N.E. e a miles de nenas e mulleres na mesma situación, pedindo ás autoridades de Burundi que garantan o acceso á xustiza das vítimas de violencia sexual.
Para elas a túa firma é importante. Dedícaas un pouco do teu tempo asinando esta petición ao Presidente de Burundi. E se queres traballar todos os días defendendo os dereitos humanos de persoas como ti, úneche agora a Amnistía Internacional.
Esteban Beltrán Director - Amnistía Internacional
PS: Amnistía Internacional é unha organización independente e financiada por persoas asociadas e comprometidas coa defensa dos dereitos humanos. A túa colaboración, por pequena que sexa, é o único que nos permite seguir. | | |
Nenhum comentário:
Postar um comentário